REXURDIMENTO
Como expresar con vocábulos certeiros o latente espertar dunha alma aletargada?, como plasmar a redescuberta vitalidade, o frenético latexar? qué facer co intrínseco entusiasmo e cos ecos palpitantes dun corazón xa non extasiado polo fungar do onte?
Axúdame a descifralo enigma. Espertarei ao teu carón se me ensinas os grises que eu non contemplo. As quimeras ficarán no pasado no intre exacto no que o sol xa non nos guíe. Redescubriremos xuntos o mundo coa fermosa lúa como brúxula inmóbil e adentraremonos nas sombras coa entereza que caracteriza a nosa unión. Enfeitizaremonos co rumiar caduco dos animais salvaxes e aflorará no noso interior a profunda convición de que a nosa simbiose é inquebrantable. Dormiremos en paz.
Iris

0 comments:
Post a Comment