Choverán bombas...
cando as nubes só sexan de pó.
Os berros xordos afogados
apodrecidos no sumidoiro dos tempos
voltaràn enraízar nas gorxas,
coma hedras nos carballos.
E racharán a barreira do son
coma un kaza,fugaz,coma unha estrela,
rompendo barrotes,barreiras,fronteiras.
Beberemos todos Coca-Cola cando a auga sexa vermella
e se lle chame sangue (da esfera).
Cando os montes só sexan de muíños de vento
os prados todos de cemento,
cando o zoído dos helicópteros
substitúan o pío dos paxaros,
enton...cando caia o solpor,
brotaran bombas nos suburbios
erguendo ate o ceo nubes de fume e pó.
Tonho
Monday, February 20, 2006
Subscribe to:
Post Comments (Atom)

0 comments:
Post a Comment