Tuesday, October 14, 2008
Tocar coas xemas dos dedos
``Para Elisa´´ paseniñamente,
imaxinando as túas falanxes,
as túas costelas,
os teus nocellos osudos.
Respirar fume negro
e pensar na túa brisa;
rachar cartas desesperadas
que se van arroxando á vía
( sempre soñaron
con ataques suicidas).
Trémeme a pel cos chirríos agudos,
coas persoas mirando reloxos,
con pasadizos subterráneos
que levan á alcantarilla nai.
Mentres busco coa mirada
e non atopo nada.
Nada no que determe.
Nada no que sumerxirme.
Só teño un bico pendurado
na brisa, no aire, en Bethoveen,
na palma da miña man,
na túa carne. Nos teus ósos.
En min. En ti.
Sábelo. Seino.
Chegarás, xa tarde,
para ver tan só
un bico agardando no andel.
Solitario. Decepcionado. Un fraude.
E tan só se escoitará
o e c o .
Ana
Neva no teu pubis esta noite.
Brillante, incesante, bonito.
Como unha libélula e o seu L.
Neva, esta noite neva para ti.
Para ese sorriso, para eses ollos,
Para ese nariz trampolín
Á túa boca cristalina.
Neva no teu pubis mentras sabes
Que non volverá nevar.
Disfrutas do infinito,
de cabelos prateados,
de embigos espidos,
de fazulas claras
e noites transparentes.
De líquidos, de zumes
Con son de mestura.
Disfrutas co doce do branco.
Co ruido do pracer.
Neva neve, neva neve.
Non hai néboa que a escureza:
Neva neve para ti, meu coraçao.
Dille agora ó mencer
Frente as raiolas do sol
Dillo, fronte a fronte,
Di que todo rematou para sempre.
Ana
Estremécense todos os corazóns esta noite.
O miocardio titirita coa pel de galiña
ó ver, alta e serena, a lúa en desorde.
Podemos ter no paladar tacto de plata,
debuxar no ceo seres invertebrados,
pero non durmir baixo o ceo cheo de estrelas.
Os suxos rañaceos temen o seu paso,
vento anónimo da faciana fosforita.
As ratas fuxen. Os grilos berran.
Mentres as vacas durmen baixo a Terra,
( aínda.
Cadáveres enclenques arroxan vermes
a todas as portas conxeladas de ferro.
Berros radioactivos de nenos en berces,
cicatrices abertas de antigos feridos
que berran e berran e berran…
Estreméceseme o corazón esta noite,
as venas alagartadas morren de frío,
titiritan as miñas retinas superfluas…
Vou pechar os ollos.
Sentir os teus bicos.
Porque esta noite morrerei contigo.
Ana
Tuesday, September 04, 2007
Antón mírase no espello. Acaba de cumprir 17 anos, pero non está de todo feliz. El émelancólico, eso din todos os que o coñecen. Hoxe, o é máis. Veñen á súa memoria uncúmulo de recordos que os anos non lograron disipar: ve un neno de 12 anos fronte ó espello,inxenuo, que non sabe nada da vida, que ainda non sufriu decepcións nin desenganos.Un neno feliz na súa inocencia de rapaz. A imaxe que lle devolve o espello agora, é ben diferente. Pouco queda xa desa inocencia, os anos foron cambiando o interior da súa alma.Algúns dirán que madurou, outros creran que perdeu parte do seu encanto; os máis, nonentenderán o porque da súa tristura e atribuirán este desacougo existencial ó típico desencanto dos adolescentes e mozos. Pero, ¿alguén saberá aprecialo tal e como é ? Quizais si. Pode que alguén especial se percate do que agocha unha alma idealista que sufreu paospolos que derramou bágoas coas que evolucionou como ser humano. Pasou malosmomentos, tardou en aceptarse, en descubrir o seu camiño e en comprender cal é o seulugar no mundo e que valores son importantes para el nese mundo ó que pertence. Volvea sorrir. O tímido sorriso de fai anos non perdeu de todo esa dozura que sempre o caracterizou. Ilumínaselle a cara ó comprender que a vida é así: convulsa e dinámica, tamén parada en ocasións, alegre e triste, sincera e falsa. Ten tódolos factores a alicientes para vivila apaixoadamente día a día. Antón hoxe pode dicir que el sabe disfrutala, trascender máis ala do superficial das persoas e ser fiel a sí mesmo. Converteuse nun home que sempregardará no seu interior esa neno que foi, e que no fondo, nunca deixará de ser.
Iris
Wednesday, July 04, 2007
Compra, vota, hipoteca-te,
legitima esta barbárie,
fecha os olhos para nom veres
o genocídio, a fame negra,
doenças espalhadas à mantenta
e a sempre negada tortura
dos generais que inçam o mundo
de morte prematura.
Toma um quinto, vai à disco,
Estuda, choia e cumpre co fisco.
Rapaz: fai-te milico ou picoleto
para cobrares
e ter um carro guapo
que te eleve a macho dominante.
Rapariga: nom opines,
enfeita-te para seducires
o teu macho dominante.
Sê como elas, e nom penses,
que isso é de raras quatro-olhos.
Esforça-te, pisa, ascende e chega longe,
tés de ser melhor do que o vizinho
ao que saúdas com desleixo
-como para te fiares dos estranhos-
Ti és ti, nom creias no sujeito colectivo
"Os demais som os demais, melhor que morram
e fique eu só no mundo".
Que fermosos som os homes e as mulheres dos anúncios,
que mal soa o galego,
que pailám o que vive longe da cidade.
Rubide como hedras nos valados,
melhorade até chegar a funcionários,
que eu quando me canse marcho.
-Quistiláns-
Sunday, June 24, 2007
Esta é umha história dos tempos longínquos nos que Afonso VI era rei de Castela. Ocorre que o conde de Lemos tinha umha filha, de nome Constança, infinitamente bela e triste. Para minguar a tristura de Constança, o conde convocou umha caçaria à que fôrom convidados umha moreia de moços nobres e garridos. No decorrer da caçaria, um urso pujo em perigo a vida de Constança. Um doncel, que sentia pola jovem um amor nom correspondido por ela, matou o animal. A moça, que seica andava namorada do rei Afonso, somente lhe deu umhas palavras de agradecimento. Pola sua banda, o conde agassalhou o doncel com um cavalo árabe. Com grande desilussom, o doncel decidiu afastar-se e partir para a guerra. Pouco depois, a filha do conde casava com Paio Ataúlfo de Moscoso, senhor de Altamira.
Aldrajado o rei polo casamento, acordou atacar as torres de Altamira. Colhendo como pretexto a amizade do senhor de Altamira com o arcebispo de Compostela, do que o rei era inimigo beligerante, dirigiu-se à fortaleza com ánimo de a conquerir.
Porém, quando se dispunha a atacar, o doncel rejeitado pola moça veu na sua ajuda e ofereceu-lhe os seus serviços. O rei aceitou decontado.
O moço conhecia um segredo que lhe fora revelado por um peregrino nos tempos da guerra: o senhor de Altamira tinha o seu próprio irmao encadeado numha masmorra.
Empregando este dado, o doncel chegou a Altamira, falou com o senhor e contou-lhe que, conhecendo os seus vassalos e serventes a prisom que lhe dera ao seu irmao, os labregos estavam a se juntarem às hostes do rei Afonso, das que o doncel exagerou o número. Daquela, sugeriu-lhe ao senhor que libertasse o prisioneiro e repudiasse a Constança, já que, de fazer outra cousa, morreria. O senhor aceitou e Afonso entrou nas torres, ficando com Constança.
Contodo, a doncela advertiu ao rei que a acçom do moço nom era causada pola fidelidade, mas polo namoramento. Entom, o rei desterrou para Leom o rapaz e mais o senhor de Altamira. Por sorte para eles e mercê à intercessom de Constança, esta ordem nom se fijo efectiva. Aproveitando a confusom do momento, o doncel meteu-lhe lume às torres para se vingar. A gente pujo-se toda a salvo, agás o irmao do senhor que, engaiolado, ceivava berros amedonhados. Quando escuitou os seus brados, o doncel tratou de salvar aquele home. Em chegando à masmorra, nom sem esforço, o encadeado morrera. Tinha na sua mao umha folha de papel na que se punha ao descoberto que o finado era o pai do doncel que provocara a sua morte.
Sunday, February 18, 2007
Distáncia
Escoito os laios dos caminhos nos miolos
umha cunca com a sede dentro.
A quantos km/h se perdem os adeuses?
Cae
a tarde
e diluem-se.
A Avoa ficou soa
a vender grelos e mel
às beiras da N-550.
Um mais.
Wednesday, June 28, 2006
XORDEM
Xordem tímpanos escuros ou a arte de calar.
O silêncio é tentaçom e teima
um vaso de sede com manchas de cerume
e nom poder dizer esta melodia rota dos meus versos.
Por quê confundo o verde com esse som opaco da memória?
(Se pode o mar matar de ondas, nom podo eu suicidar-me na cozinha
dum pouco de sal?)
Escuitade: hai bardos ali onde os suspeitávamos.
Ti dis, ela di, eu digo: toca-a outra vez, Sam; até esgarrar-nos os tímpanos.
O silêncio é desacougo e liberdade na orelha direita
Na esquerda cativério
números de telefone
vísceras de animais
Beethoven, Beethoven dirigindo a orquestra
Agradecendo o mais inútil dos aplausos
e ti berrando-me em cirílico cum altofalante por funil ou vice-versa
mais bem vice-versa ou já nom sei
ou a sereia Roiriz assobiando metáforas viris em Ponteceso
(eu comendo peixe com otorreia e patacas)
E nom ser quem de sentir os berros no orgasmo
isso dói-me nas unhas com electricidade e super-herois
dói-che através das témporas entre veludo e metal
dói-nos até a otomicose
até a choiva da manhá.
a otoraxia
A choiva: o silêncio dos que dormem.
(Outra vez. Toda. Até rebentar-me
tócama aoutra vez, Sam)+
Thursday, June 15, 2006
a olhar-se de um astro longínquo
engurrado e pequerrecho;
um grao de bico,
umha bincha de coiro reseso.
Do mesmo cerne
medido por compás
até a derradeira culherada de choiva.
Enxergou um ouveio
ao longo da pele de um pé;
um tremor cósmico,
talvez o pálpito do signo.
E ela
ao mesmo tempo no centro
e no gravanço
(unidos ambos por um eixo imaginário)
transcreveu mensagens
que circulavam polas lombas
sem se misturarem.
Alviscou Barents e mais Bering,
baixou a um mar
-nom sei se Mármara ou Aral-
e decatou-se.
Existe
um corpúsculo ambulante
aceso. Nalgures,
com essa incandescência,
a transitar o vieiro que vertebra a Serra.
Só ele é que nos amosa
o mar de nuvens
e a neve nas umbrias dos cumes quando é de noite
e ninguém as vê.
R.Melide
